A Policía Municipal e Protección Civil de Ferrol contarán con dúas motocicletas e un todo terreo máis
O Concello de Ferrol mellorará os medios materiais do que dispón a Policía Municipal e Protección Civil mediante a adquisición de dúas motocicletas e un vehículo todo terreo. A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación do contrato para o adquisición destes equipamentos á empresa Vehículos, Equipamentos e Carrocerías Prieto-Puga S.L. (Veicar S.L.) por un importe de 61.899,97 euros (incluído o 21% de IVE).
Así as cousas, Protección Civil contará cun novo vehículo todo terreo, modelo Volkswagen Amarok de dobre cabina; mentres que a Policía Municipal incorporará ao seu parque móbil dúas novas motocicletas, modelo Honda NC 700 S. O prazo de entrega do todo terreo é de catro meses a partir da firma do contrato; e o das motos é de tres meses, a contar tamén a partir da sinatura do acordo. A Administración municipal realiza este investimento en base á subvención concedida no seu día pola Deputación Provincial da Coruña ao abeiro do “Plan DTC 94: Unha Deputación para todos os Concellos”











