A Policía Municipal de Ferrol denunciou a oito condutores dentro da campaña de control de consumo de alcohol e drogas ao volante

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+

A Xefatura de Policía Local de Ferrol informou hoxe dos resultados da campaña de consumo de alcohol e drogas levada a cabo entre os condutores que circulaban polo termo municipal na madrugada do pasado sábado 30 de xuño. De xeito máis concreto, os axentes realizaron controis na praza de Galicia, entre a 01:00 e as 02:30 horas, e na rúa Rochel, entre as 05:00 e as 06:15 horas.

En canto aos resultados de dita campaña, os gardas locais controlaron un total de 104 vehículos, dando como resultado que oito condutores deron positivo, o que supón un 6,73% dos examinados -dous de eles en consumo de drogas, o 28,5%-. En canto ao sexo do total de condutores examinados, o 25,9% eran mulleres, o que supón un número de 27. E delas un 7,4% deu positivo (2).  Os 73 restantes eran homes, dos que o 8,21% (6) deron positivo. E no que atinxe á media de idade, a maioría dos condutores examinados sitúase entre os 35 e os 36 anos. A taxa máis alta detectada no control foi un varón con 1,00 mg/l polo que se tramitou o atestado ao xulgado.

Sumando outras incidencias da pasada fin de semana, os axentes municipais cursaron un total de 10 denuncias, das que tres foron atestados tramitados por tres presuntos delitos contra a seguridade viaria: un contra un condutor por taxa de alcohol superior a 0,6 mg/l, outro pola negación ao sometemento da proba de alcoholemia, e o terceiro e último por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Así mesmo, foron cursadas tres denuncias administrativas por conducir baixo os efectos do alcohol e dúas pola influencia das drogas, e tamén dous vehículos foron retirados para o depósito municipal polos axentes de Policía.

Control no mercadillo de Recimil

Noutra orde de cousas, a Policía Municipal  desenvolveu unha intervención no mercadillo de Recimil centrada no cumprimento do establecido na ordenanza municipal de venda ambulante. A actuación cumpre coas reiteradas queixas presentadas polo representante de vendedores do mercadillo. Tralta intervención, os gardas locias cursaron un total de seis denuncias administrativas, das que dúas foron tramitadas por exercer a venda sen autorización, así coma o comiso da mercadoría composta por 60 pares de zapatillas deportivas de imitación de distintas marcas e dúas caixas con artigos de bixutería; e catro por exercer a venda de mercadorías fora do posto autorizado.

2 de xullo de 2013 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.