A Policía Local detén no Temple a un varón por un delito de roubo con violencia
A policía local de Cambre detivo no Temple a un varón por un presunto roubo con violencia e intimidación pasándoo a disposición xudicial. Os feitos aconteceron cando unha señora saíu de realizar a compra nun supermercado sendo seguida por un varón e cando esta entrou no portal do seu domicilio o mozo deulle un empuxón arribándoo o moedeiro e ameazando a señora para que non contase o sucedido. A señora informou do acontecido un veciño avisando este á policía que compareceu ao momento no lugar, logrando deter o autor dos feitos nas proximidades.











