publicidade hoxe

A Policía Local de Culleredo identifica dúas mulleres por intento de furto na praza de Europa do Burgo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocalLocal Portada
A-
A+

A Policía Local de Culleredo efectuou na mañá de onte unha intervención rápida para identificar as sospeitosas dun intento de furto no ámbito da praza de Europa do Burgo. A actuación tivo lugar sobre as 10.00 horas, cando unha veciña contactou coa Policía Local para dar conta dos feitos.

Segundo o relatado, dúas mulleres, de nacionalidade romanesa, trataron de conseguir diñeiro en efectivo dos viandantes. Unha das afectadas chamou de inmediato á Policía Local, que tardou dous minutos en localizar as mulleres e proceder á súa identificación.

Esta rápida intervención foi propiciada porque xa o pasado martes a Policía Local había recibido chamadas da presenza destas sospeitosas polo municipio, o que levou ao goberno local a intensificar a vixilancia dos axentes. Ademais, a continua presenza dos efectivos policiais nos núcleos urbanos impulsou esta actuación inmediata.

A Policía Local puxo as sospeitosas a disposición da Garda Civil para a tramitación das dilixencias oportunas.

O Concello de Culleredo destaca que os novos dispositivos de vixilancia que leva a cabo a Policía Local, coa fundamental coordinación coa Garda Civil, están a dar os seus resultados con intervencións efectivas, dando resposta de xeito inmediato ás peticións dos cidadáns.

Froito deste traballo logrouse recuperar os produtos de alimentación ou roupa que varias mulleres subtraían de negocios locais, ou a identificación de sospeitosos do roubo de ferralla, ambas as dúas operacións conxuntas de Garda Civil e Policía Local.

O primeiro tenente de alcalde, e responsable de Seguridade Ciudadana, José Ramón Riobóo, avanza que a Policía Local continuará nas próximas datas mellorando os seus dispositivos mediante axentes de paisano ou o emprego de coches camuflados, nos casos, que resulte apropiado, para dar resposta ás necesidades de seguridade dos veciños.

4 de xullo de 2013 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.