publicidade hoxe

A poetisa Ofelia López presenta nas Pontes a súa obra “Fume de Cerna”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocal
A-
A+

A poetisa pontesa Ofelia López presentará o venres nas dependencias da Casa Dopeso de As Pontes o seu último traballo literario: Fume de Cerna, nunha convocatoria organizada dende o departamento municipal de Cultura, mediante a biblioteca de As Pontes.

A tamén membro do grupo poético Alalá dará a coñecer esta publicación, editada por Galebook, dende as 21.00 horas, nunha convocatoria na que se dará lectura a varios dos textos incluídos neste libro, adicados a temáticas coma a nosa terra, as nosas xentes e sobre todo á marabillosa paisaxe galega.

Fume de Cerna darase a coñecer pasadomañá ás 21.00 horas no salón de actos da Casa Dopeso e a entrada será totalmente libre.

3 de xullo de 2013 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.