A parte rehabilitada da Casa Reitoral de Petelos, en Mos, funcionará como centro de maiores en setembro

Nidia Arévalo na vista ás obras
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou hoxe que unha parte da antiga Casa Reitoral de Petelos será aberta o vindeiro mes de setembro como centro de maiores, motivo polo cal, con medios propios, o Concello está a acometer traballos de acondicionamento interior final nesa zona, consistentes na instalación de baños adaptados para homes e mulleres, equipamento eléctrico, de climatización e fontanería, e dotación do mobiliario necesario.
Esta parte do conxunto arquitectónico que entrará en funcionamento en setembro, corresponde ós edificios rehabilitados durante a primeira e segunda fases de acondicionamento da antiga Casa Reitoral, que foran financianciados polo plan estatal do goberno central, Plan E, e pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader, respectivamente. Estes edificios xa rehabilitados son a torre, que terá a partir de setembro un uso administrativo, e a ala norte, que será a que teña o uso social propiamente dito e onde se atopará situado espazo de estar para maiores do municipio.
A rexedora local informou ademais de que, tamén tras o verán, de serlle concedido a Mos o novo Obradoiro de Emprego municipal solicitado ante a Xunta e co seu correspondente proxecto xa redactado e presentado na administración autonómica, dito obradoiro, que de denominaría Obradoiro de Emprego Mos 2013, comenzaría coas obras da terceira fase de adaptación da antiga Casa Reitoral de Petelos, desenvolvendo traballos de rehabilitación da cantería, partes dos edificios que forman parte do conxunto global da Casa Reitoral, así coma de acondicionamenro da finca e do pombal.
Máis concretamente os traballos que desenrolarían os alumnos do próximo Obradoiro de Emprego serían de limpeza do entorno inmediato e do interior da edificación existente, traballos de cantería e albanelería, restauración da fachada leste e sur da edificación principal, traballos no pombal, muros existentes e edificacións auxiliares, traballos de carpintería de madeira interior e exterior, construcción dunha ponte de acceso de madeira, formación de cubertas e illamento térmico, acondicionamento do terreo con instalación de xardíns e zonas verdes dotadas de céspede e o seu correspondente rego e drenaxe, e tódalas instalacións técnicas necesarias tales coma electricidade, gas, saneamento, fontanería, calefacción, sistemas de seguridade etc.
Cómpre lembrar que a antiga Casa Reitoral de Petelos foille cedida polo Bispado da Diócese de Tui-Vigo ó Concello de Mos mediante a sinatura dun convenio por 25 anos prorrogable a outros 25.
Ademais de dar servizo ós maiores mosenses, coa recuperación deste edificio preténdese conservar unha construcción que data da Idade Media e constitúe un ben de interese histórico-artístico municipal de altísimo valor.











