A OMIX de Gondomar comeza un curso de fotografía dixital
Este luns deu comezo o curso de fotografías dixital posto en marcha dende a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Gondomar, dirixida por Ignacio Troncoso.
Durante as 30 horas coas que conta a actividade, os 16 alumnos e alumnas, de entre 12 e 30 anos, adquirirán coñecementos tanto técnicos como prácticos, como son as partes dunha cámara, trucos, a luz, o uso do flash ou o retoque dixital. Todo o necesario para sacarlle partido a unha cámara de fotos e poder obter unha imaxe de calidade.
Troncoso sinala o grande interese dos mozos e mozas do Concello pola fotografía. “A actividade tivo unha grande aceptación. Recollemos preto de 40 solicitudes, aínda que as prazas se limitaban a 16”.
O curso finalizará o próximo 22 de xullo.











