A nova exposición que albergará a sala I do Museo Municipal de Ourense é “O Gabinete dun afeccionado”
Esta mañá presentouse unha nova exposición que estará os meses de xullo e agosto na Sala I do Museo Municipal. Trátase de Gabinete dun afeccionado, que comprende traballos de máis de 26 protagonistas dun proxecto colectivo que mistura arte e literatura. Entre éstos, 14 son os artistas que expoñen as súas obras – o resto son colaboracións literarias -. A exposición está comisariada por Xosé Carlos Seoane e Rosendo Cid.
Á presentación asistiron o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e a concelleira de Cultura, Ana Garrido, que estiveron acompañados pola Directora de Áreas Expositivas, Eva Torres, e algúns dos protagonistas desta exposición.
A inauguración terá lugar esta tarde ás 20.00 h, e ata o 1 de setembro os visitantes poderán contemplar diferentes técnicas de amosar o arte cun engadido literario. Deste xeito, nos ofrecen unha complexa e variada interpretación que toma como punto de partida o libro de Georges Perec: El gabinete de un aficionado (Historia dun cadro), de Editorial Anagrama, e que nos permiten sumerxir no fondo do traballo dunha grande proxección temporal duns creadores que senten a máis auténtica vivenza artística.
En definitiva xuventude con contemporaneidade artística, que nos ofrece un interesante compendio nesta sala do Museo e que poderemos gozar neste período artisticamente estival.











