publicidade hoxe

A mostra Expoanimalia visita Salceda de Caselas do 20 ao 28 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSalceda de Caselas
A-
A+

Dende as Concellarías de Turismo e Cultura, dirixidas por Loli Castiñeira e Teresa Pérez, inaugurouse o luns 22 no Auditorio de Salceda a mostra de Expoanimalia que vai a ter acollida no hall do Auditorio Municipal dende o 20 ao 28 de xullo en horario de 10:00 a 13:30 e 17:00 a 21:00, a mostra de Expoanimalia que acolle a cerca de cen animais entre os que se atopan máis de 50 especies procedentes dos cinco continentes. Entre os animais expostos poderemos contar coa presencia de geckos, boas, pitóns, crías de caimán, varanos, tarántulas, escorpiónss, camaleóns ajolotes, rás e tartarugas, entre outros.

O animais van a estar expostos en 50 urnas de cristal onde se recrean, da mellor maneira posible, as condicións que presenta o hábitat natural no que se desenvolve cada especie. A mostra conta en todo momento coa presencia e supervisión de expertos como son o biólogo Diego Ballesteros e herpetólogo José Luis García, que son os donos dos exemplares cos que se vai a contar na exposición, e que serán os encargados de proporcionar a visita guiada pola exposición, aclarando todas aquelas cuestións que os asistentes queiran plantexar.

A actividade como enfoque principal vai a estar enfocao cara o público infantil e se realizará un concurso de pintura onde 3 serán os debuxos seleccionados sobre a temática da exposición e aos gañadores se lles proporcionará un lote de libros como agasallos.

Aproveitando a gran gama de actividades que se están a desenvolver no verán Cultural, o Concello de Salceda vai a abrir as portas para que os máis cativos poidan contemplar animais que dificilmente poden observar no entorno natural, aprendendo pautas sobre o seu hábitat, comportamento,etc. E sobretodo a respetalos e a entender mellor os seus comportamentos.

O Concello de Salceda quere convidar a todas as persoas veciñas ou visitantes de Salceda a asistir á Mostra de Expoanimalia que terá un custe de 1 € para nenos e 2 € para os adultos.

23 de xullo de 2013 | 10:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.