publicidade hoxe

“A Limpar Vedra”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVedra
A-
A+

A próxima saída de voluntariado ambiental terá lugar o sábado 15 de xullo, despois dunha primeira “quedada” de “A Limpar Vedra” que foi un éxito en canto ao volume de lixo recollido e a participación.

O grupo de voluntarios estivo traballando na vía de servizo da autoestrada, á altura da adea de Pousada, onde se recolleron ademais de escombro de obra, colchóns e louza vella entre outros materiais.

Se queres apuntarte, tomar parte neste programa ou obter máis información podes solicitala no teléfono 981 814 612 ou no enderezo electrónicocasadospeons@concellodevedra.com

12 de xullo de 2013 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.