A Laracha súmase aos sete días de loito oficial decretados pola Xunta de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+

O Concello da Laracha sumouse aos sete días de loito oficial decretados pola Xunta de Galicia con motivo do accidente ferroviario de Santiago de Compostela.

As bandeiras da Casa Consistorial ondean a media asta desde o xoves e nas situadas no interior do edificio foron colocados os lazos negros que simbolizan o loito oficial.

Este mediodía os membros do goberno local, traballadores municipais e os veciños que acudiron ata a Casa do Concello gardaron cinco respectuosos minutos de silencio en solidariedade coas vítimas do accidente.

A mesma iniciativa foi levada a cabo polas alumnas e persoal docente do curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio que se está a desenvolver nas instalacións do centro sociocultural de Lendo.

26 de xullo de 2013 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.