A Laracha comeza o sábado 13 de xullo as rutas en bici de montaña incluídas no programa de verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaDeportesLocal
A-
A+

O programa de actividades de verán do Concello da Laracha inclúe este ano, por primeira vez, catro rutas para ser realizadas en bicicleta de montaña que terán lugar os sábados 13 e 20 de xullo e 3 e 10 de agosto.

En todos os casos a saída será da Praza do Concello da Laracha ás 10.00 horas. Convídase a participar a adultos e nenos a partir dos oito anos de idade. A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no Concello.

Os percorridos, todos eles polo termo municipal da Laracha, son de dificultade baixa para que poidan ser realizados tamén por persoas que se inician na práctica deste deporte. Ademais da inscrición previa, é obrigatorio o uso do casco e dispoñer dunha bicicleta de montaña grande.

Esta proposta deportiva é organizada polo Concello da Laracha coa colaboración do club ciclista Laracha en Dúas Rodas.

11 de xullo de 2013 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.