A III edición do Campus Davor Cutura de Balonmán celébrase en Marín do 13 ao 21 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalMarín
A-
A+

A semana do 13 ao 21 de xullo acolle en Marín a III edición do Campus Davor Cutura de balonmán. Trátase duns dos campus máis prestigiosos a nivel nacional e que nesta edición reunirá a máis de 100 rapaces e rapazas de entre 11 e 17 anos chegados dende toda a xeografía nacional e Portugal.

O campus desenvolverase nas instalacións deportivas Concello de Marín, e os participantes aloxaranse na Fundación Júniors do Colexio San Narciso.

Ademáis dunhas intensas xornadas de adestramento dedicadas ao perfeccionamento do balonmán, os participantes disfrutarán de numerosas actividades no entorno mariñense como xornadas de balonmano praia no areal de Loira ou xornadas lúdicas no Ecoparque Multiaventura.

Este Campus, ademáis da ampla oferta de actividades, contará con adestradores e monitores de primeiro nivel como o xogador profesional de balonmano Davor Cutura (que da nome ao Campus), Pedro Miguel Alvarez Soares (vinculado ao balonmano portugués), Emilio Pintos ou Nano Martínez.

Unha boa iniciativa do Concello de Marín que se volca en diferentes eventos deportivos de primeiro nivel.

8 de xullo de 2013 | 11:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.