A Federación Galega de Taekwondo súmase a dor pola suspensión da búsqueda do alpinista galego Abel Alonso
A Federación Galega de Taekwondo súmase a dor da familia e amigos de Abel Alonso, unha vez os servizos de rescate suspenderon á búsqueda do alpinista -e taekwondista – galego e os seus compañeiros de expedición, tras estar varios días desaparecidos no Gasherbrum. Despois de cinco días de busca, os servizos de rescate deron por falecidos aos tres deportistas desaparecidos cando iniciaban o descenso despois de facer cumio neste G-1. O taekwondo galego recorda como máximo cariño a este compañeiro (foi competidor e posteriormente fisioterapeuta da Federación) que permanecerá “sempre vivo no noso corazón”.
Abel Alonso foi membro da selección galega de taekwondo, campión galego nas categorías cadete e xúnior e na categoría absoluta (nos pesos mosca e galo) entre os anos 1989 e 1994. Posteriormente, continuou ligado ao taekwondo como membro do corpo técnico da Federación, xa que a partir do ano 2004 ocupou o posto de fisioterapeuta, viaxando coa selección galega en numerosos campionatos. Pero por riba do seu curriculum profesional e deportivo, hai que destacar á persoa. Abel Alonso era un excelente compañeiro, vital, divertido, comprometido… En resumo unha excelente persoa coa que compartimos momentos únicos, polo que permanecerá sempre vivo nos nosos corazóns e nunca o esqueceremos.











