A Federación Galega de Balonmán recibe o premio anual do Albariño no eido deportivo
A Federación Galega de Balonmán recibirá o próximo xoves 1 de agosto o premio anual do Albariño no eido deportivo “en recoñecemento ao labor realizado ao longo dos anos”.
Este premio, consistente en folla de prata con albariño de ouro, foi concedido polo Concello de Cambados.O acto de entrega do galardón, terá lugar o xoves, día 1 de agosto (22:00 horas) na Praza de Fefiñáns, durante a “XVI Gala do Albariño”.
Dende a Federación Galega de Balonmán queremos agradecer ao Concello de Cambados este recoñecemento, que en realidade é un premio para todas e todos os deportistas, adestradores, árbitros, directivos e afeccionados deste deporte que ten fortes raíces en Galicia.











