A Europeade contará con representación de Monforte de Lemos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaMonforte de Lemos
A-
A+

A Coral Polifónica e os grupos de Gaitas e Danza municipais de Monforte participarán na 50 edición da Europeade, que se celebrará na cidade alemana de Gotha entre os días 17 e 21 de xullo.  

A Europeade é un festival cultural europeo, fundamentalmente musical, que ten lugar nunha cidade dun país diferente cada ano dende 1964, data na que arrancou na cidade belga de Amberes. Trátase dunha exposición do folclore dos pobos de Europa.

Corenta e catro persoas conforman a representación monfortina que participará nesta cita cultural.

Os integrantes das agrupacións monfortinas realizarán actuacións individuais nas prazas da cidade e participarán nun desfile, xunto a tódolos grupos dos demais países.

 Ademais, a Coral Municipal participará no concerto europeo de coros e música vocal.

12 de xullo de 2013 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.