A Eurocidade Chaves-Verín organiza un Maratón de Fútbol 7
Durante o fin de semana do 20 e 21 de xullo, o municipio de Verín acollerá o Maratón de Fútbol 7 ‘Eurocidade Chaves-Verín’, organizado pola Eurocidade Chaves-Verín, a área de Deportes do Concello de Verín e Município de Chaves, e coa colaboración da A.D. Veteranos Verín e Cabreiroá.
Os premios aos que optarán os equipos participantes son os seguintes:
– 1º Premio (1.200 € máis trofeo),
– 2º Premio (500 € máis trofeo),
– 3º Premio (150 € máis trofeo),
– 4º Premio (Trofeo).
– Trofeo ao mellor porteiro e xogador.
Os equipos que cumpran as normas de ‘Equipo da Eurocidade’ tamén poderán optar a outros dous premios:
– 1º Local (300 € máis trofeo),
– 2º Local (150 € máis trofeo).
Para optar aos premios locais, os equipos deberán contar como mínimo con sete xogadores pertencentes ao Concello de Verín ou ao Municipio de Chaves, acreditando a súa residencia coa Tarxeta do Eurocidadán (que poderán solicitar no Concello de Verín, Câmara Municipal de Chaves, sede da Eurocidade en Feces de Abaixo).
O prazo de inscrición para participar no Maratón de Fútbol 7 ‘Eurocidade Chaves-Verín’ finaliza o xoves 18 de xullo, ás 14 horas (o límite mínimo de equipos é de 14). Devandita inscrición debe realizarse na sucursal Caja Rural de Zamora (Verín), abonando unha cota de 150 euros por equipo (no nº de conta 3085 0082 58 2139271213) e indicando o nome do equipo e teléfono de contacto. O sorteo dos partidos deste maratón terá lugar o xoves 18, ás 20 horas, no complexo deportivo de A Granxa. Para máis información poden contactar cos seguintes teléfonos: 660 77 65 64 e 679 974 483.











