A Eurocidade Chaves-Verín acolle entre o 10 e o 26 de xullo o II Torneo de Fútbol-Sala Ervededo
A Eurocidade Chaves-Verín acolle entre os días 10 e 26 de xullo, no Pavilhão Municipal de Chaves, o II Torneo de Fútbol-Sala, organizado polo Clube de Ervededo Fútbol-Sala.
Este ano, a través do apoio da Eurocidade Chaves-Verín, o torneo será tamén ampliado á participación de equipos de Verín, convertendo este torneo nun evento deportivo transfronteirizo e de unión entre os dous municipios. O prazo de inscrición é ata o 08 de xullo, e o sorteo se realizará nesa mesma xornada ás 20.30 horas (horario local), na sede do club (Pavilhão Municipal de Chaves).
O torneo divídese en tres categorías:
– Torneo sénior masculino, terá lugar durante a semana (de luns a sábado), entre as 20 e 23 horas (horario local).
– Torneo sub-12, que se realizará de modo simultáneo co Torneo sénior masculino.
– Torneo feminino, será en modo de maratón os días 20 e 21 (sábado e domingo).
Información das tres categorías:
– Masculino sénior. Inscrición: 100 euros. Máximo 24 equipos. Premios: 1.º clasificado (500 euros e trofeo), 2º clasificado (250 euros e trofeo) e 3º clasificado (trofeo).
– Feminino sénior. Inscrición: 50 euros. Mínimo 10 equipos. Premios: 1.º clasificado (200 euros e trofeo), 2º clasificado (100 euros e trofeo) e 3º clasificado (trofeo).
– Sub-12. Inscrición: gratuíta. Máximo 12 equipos. Nados ata 2001.











