A escola municipal de música Magariños en Brión oferta 16 prazas para o curso 2013-2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBriónLocal
A-
A+

A escola municipal de música Magariños (Brión) informa que, unha vez rematado o prazo para a renovación e nova matrícula, aínda quedan un total de 16 prazas dispoñibles para o curso 2013-2014. En concreto, as especialidades dispoñibles son: música e movemento (9), saxofón (3), frauta traveseira (2), trompeta/fliscorno (1) e trompa (1). O prazo de inscrición nestas especialidades permanecerá aberto ata o próximo 18 de outubro.

O curso 2013/2014 comezará o vindeiro 16 de setembro cunha presentación oficial do profesorado e continuación un concerto inaugural a cargo da formación coral LaCama. As clases comezarán de forma ordinaria a partir do 17 de setembro. Máis información na escola municipal de música Magariños, en horario de 10 a 13 horas (de luns a venres) e os martes de 16 a 19 horas; ou no teléfono 981 50 99 03.

26 de xullo de 2013 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.