A Deputación da Coruña aportará ao Concello de Curtis 150.000 euros para o Plan de Mellora da Seguridade Viaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaProvincias
A-
A+
O presidente da Deputación, Diego Calvo, asinou esta mañá co alcalde de Curtis, Javier Caínzos, o convenio que ten como obxecto a colaboración entre a institución provincial e o concello para financiar o plan de mellora de seguridade viaria no municipio.

A achega provincial para este fin será de 150.000 euros, cifra que supón o 75,76% do orzamento total previsto (198.000 euros).

As obras incluídas neste proxecto refírense ao afirmado e pavimentación de tramos da calzada de camiños de titularidade municipal. Estas consistirán, segundo as necesidades de cada caso, nun reforzo estrutural do pavimento, na mellora da rede de drenaxe de augas pluviais, na rehabilitación da capa de rodadura, na formacións de novas explanadas ou la limpeza de cunetas.

Estes traballos levaranse a cabo na AC 230 nos tramos do Campo a Godulfes, A Ratona a Boipardo e Quintadóniga, o cruce da Ratona con Boipardo, o ramal de acceso a Quintadóniga e de Boilouro a San Roque. As actuacións tamén afectarán aos tramos da N 634 en Carballás, desde o cruce acceso a Pazo Vilarullo ata o paso sobre ferrocarril; desde o paso sobre ferrocarril ata O Penedo e en Santaia, de Abelar ao polígono industrial de Teixeiro, no acceso ao núcleo de Estraviz, ao acceso ao núcleo de Pedraporral e na Rúa Pilar.

Tras a sinatura, o alcalde recalcou que sen este convenio “sería imposible manter a seguridade viaria en todo o noso concello” e agradeceu á institución provincial o “apoio e a sensibilidade amosada coas necesidades do municipio”.

5 de xullo de 2013 | 22:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.