A décima andaina saudable da Eurocidade chegará ao “Alto de san Xiao”
O próximo domingo 28 de xullo, ás 10.00 horas españolas, terá lugar o décimo percorrido do Circuíto de Andainas Saudables Eurocidade 2013 “Alto de San Xiao”, que terá a súa saída dende a Casa Forestal do Monte Aloia.
Esta décima andaina percorrerá unha distancia de 8 km, sendo o grado de dificultade baixo-medio e tendo unha duración aproximada de dúas horas.
Para todas aquelas persoas que non coñezan o punto de encontro, quedarase ás 09.45 horas españolas na estación de servizo ao carón do Parador de Tui, dende onde partiremos ata o punto de saída, onde repartirase o avituallamento habitual e selarase o pasaporte.











