A Coruña acolle a entrega dos premios San Telmo á enxeñería civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Visita ao porto de Punta Langosteira

Visita ao porto de Punta Langosteira

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, asistiu esta mañá á entrega do Premio San Telmo, concedido ao porto exterior de Punta Langosteira como mellor actuación de enxeñaría civil de Galicia.

O rexedor coruñés agradeceu a total colaboración e valentía das administracións que apostaron por esta infraestrutura portuaria, unha das pezas estratéxicas do proxecto Smart Coruña. Negreira defendeu a importancia de desenvolver grandes proxectos como o porto exterior ou a construción dos túneles do Parrote e La Marina, posto que permiten xerar novas oportunidades.

Antes da entrega dos premios, celebrado no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt), realizouse unha visita ao porto exterior de Punta Langosteira.

8 de xullo de 2013 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.