A corporación de Ponte Caldelas solicita ao Ministerio de Xustiza o mantemento dos xulgados de paz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaPonte Caldelas
A-
A+

A Corporación Municipal de Ponte Caldelas aprobou por unanimidade dos tres grupos que a forman (PSOE, PP e BNG) demandar ao Ministerio de Xustiza o mantemento dos actuais xulgados de paz e, dun xeito especial, das funcións que viñan prestando no ámbito do rexistro civil, garantindo a gratuidade na súa prestación aos cidadáns.

Con esta decisión, o Concello de Ponte Caldelas, igual que acordou a Fegamp, manifesta o seu rexeitamento ao borrador do proxecto de lei elaborado polo Ministerio de Xustiza que ” co pretexto dá modernización do Rexistro Civil e dá axilización e simplificación dous procedementos rexistrais, pretende eliminar vos rexistros civís municipais, substituíndo vos mesmos por unhas oficinas rexistrais nas capitais provinciais. A proposta de modificación dá vixente planta xudicial elaborada a instancias do Ministerio de Xustiza, mesmo vai máis alá, recollendo mesmo a supresión dúas xulgados de paz”, indica o acordo plenario.

As tres formacións políticas consideran que estas pretensións do Ministerio de Xustiza “suporían limitar ou acceso aos servizos públicos xudiciais e rexistrais para vos cidadáns dá maior parte dás entidades locais de Galicia, en especial para vos que viven non ámbito rural, véndose ademais obrigados a aboar uns servizos que na actualidade e, na súa maior parte, son de balde”.

Así mesmo, a Corporación Municipal insta, por unanimidade, a Xunta de Galicia a demandar do Ministerio de Xustiza a eliminación das súas pretensións nos aspectos anteriormente enumerados.

APROBADO O EXPEDIENTE DE CONTRATACION DO SERVIZO PÚBLICO DE AXUDA NO FOGAR (SAF)

Por outra parte, o Pleno Municipal aprobou, cos votos a favor do PPdeG e a abstención dos dous grupos da oposición, o expediente de contratación do servizo público de axuda no fogar (SAF), na súa modalidade de concesión, por procedemento aberto tal e como se anunciara na reunión plenaria anterior para garantir unha maior seguridade xurídica ao futuro adxudicatario atendendo as recomendacións da Mesa de Contratación.

O concurso e as novas bases publicaranse nas próximas semanas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e na web do Concello de Ponte Caldelas.

UNANIMIDADE EN DEFENSA DA BOA FE DOS PERCEPTORES DE PENSIÓNS NO ESTRANXEIRO

Finalmente, o Pleno da Corporación Municipal aprobou por unanimidade unha moción presentada polo grupo municipal socialista que solicitaba á Axencia Tributaria que exima dos expedientes sancionadores aos beneficiarios de pensións no estranxeiro que, de boa fe, non declararon no imposto da Renda eses ingresos e que agora, Facenda llos reclama dende o exercicio correspondente ao ano 2008.

Os tres grupos que conforman a Corporación consideran que os afectados, emigrados retornados, actuaron de boa fe ao non incluír estes ingresos na súa declaración de IRPF ao considerar que non tiñan obriga de facelo e, en moitos casos, ao crer que esas percepcións estaban xa sometidas a liquidacións impositivas no país de orixe. Debido a estas circunstancias, os representantes públicos instan a Axencia Tributaria a que os exima das posibles sancións que diso se derive e faciliten, en cómodos prazos fraccionados, o pagamento do que teñan que aboar á facenda pública.

18 de xullo de 2013 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.