A corporación de Nigrán súmase aos 5 minutos de silencio en homenaxe ás vítimas do fatídico accidente ferroviario en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+

Hoxe ás 12.00 horas, a corporación municipal e funcionarios do concello renderon unha pequena homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario con cinco minutos de silencio fronte á Casa Consistorial.

Así mesmo, o Concello de Nigrán informa que todas as actividades culturais e de ocio programadas para os próximos días, ata o mércores 31 de xullo, se cancelan polo loito oficial de sete días decretado no día de onte, con motivo do tráxico accidente ferroviario de Santiago de Compostela.

As únicas actividades que se manteñen son as deportivas, aínda que non se celebrará ningunha cerimonia oficial nin entrega de premios. Ademais, en todas elas se gardará un minuto de silencio en memoria das vítimas.

Así pois, mantéñense o I Torneo Feminino de Pádel Concello de Nigrán, cuxo inicio posponse ao luns 29, o V Torneo de Birlo Celta, e as saídas de Descubre Nigrán en Piragua, en Pádel Surf e en Bicicleta Eléctrica, así como a ruta de sendeirismo do luns.

Nos próximos días informaremos das novas datas para as actividades canceladas.

A corporación municipal reitera o seu máis sentido pésame aos familiares e amigos das vítimas.

26 de xullo de 2013 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.