A concentración de motos do Carballiño celebrarase o 31 de agosto co mesmo programa xa presentado
O edil de Cultura e Deportes Xunto cos responsables do Motoclub O Carballiño, acordaron celebrar a concentración de motos, prevista para o pasado fin de semana e desconvocada polo loito oficial de Galicia, para o próximo 31 de agosto, estando previsto que se repita o mesmo programa de actividades realizado para o pasado fin de semana.
O programa desenvolverase no centro da vila do Arenteiro. Ás 13:00 horas contaranse as rúas do centro, en concreto Aldara e Faustino Santalices, onde se instalarán todas as motos participantes (a organización calcula máis de medio milleiro), e a maioría das atraccións e actividades desta xornada motera. Unha hora despois ofrecerase unha pulpada aos participantes, na mesma zona.
Xa pola tarde, desde as 16:00 horas, programa en directo da emisora Loca FM Radio, con djs en director, e ao mesmo tempo exposición de Vespas na Praza Maior. Desde as 17:00 horas comezarán as actividades como o touro mecánico, o jacuzzi, a actuación das Chicas Redbull, e moitas máis. Os que queiran realizar unha ruta poderán facelo desde as 18:00, desde O Carballiño ata San Amaro, onde se lles ofrecerá uns pinchos, para seguir ata Ribadavia e volta a O Carballiño, para seguir a festa.
Ás 00:00 horas está prevista a actuación de Dixie Boys, e o sorteo de numerosos premios entre os participantes. Poderán inscribirse todos os moteros que o desexen, sen importar marca, modelo ou cilindrada.
O edil de deportes agradece a sensibilidade dos organizadores desta concentración, así como o esforzo realizado para desconvocarla en tan pouco tempo e volver organizar en datas tan próximas.











