A Concellería de Tráfico coruñesa informa de incidencias no tráfico
A Concellaría de Tráfico e Mobilidade, que dirixe Begoña Freire, informa das seguinte incidencias no tráfico:
-Con motivo dos traballos de reparación de rede de sumidoiros na avenida de Arteixo nº84 é necesario o corte do carril central en dirección saída da cidade, o mércores 17 de xullo de 8.30 a 13.00 horas, desviándose a circulación polo carril esquerdo.
-O mércores 17 e o luns 22 de xullo, con motivo da montaxe e desmontaxe da iluminación nas rúas Pescadores (fronte ao centro social) e Cangas do Morrazo, será preciso o corte das mencionadas rúas en horario de 9.00 a 11.00 horas.
-Con motivo das obras de rede de sumidoiros cortarase a rúa Xenebra entre as rúas Bruxelas e Viena dende o 18 de xullo ata o 15 de agosto. O tráfico de suba desvíase pola rúa Londres e Bruxelas cara á avenida Nova York. Dende a rúa Viena só permitirase o xiro á esquerda cara á avenida Nova York.
-A glorieta de Pocomaco verase afectada con motivo da entrada na obra de construción da Terceira Rolda das vigas para o viaduto. É necesario realizar cortes de tráfico puntuais de 5 minutos de duración na glorieta de Pocomaco os días 17 e 18 de xullo en horario de 15.30 a 18.30 o día 17, e entre as 10.00 e as 12.30 horas o día 18.











