A Concellería de Deportes de Ferrol recibe unha distinción pola súa labor na promoción do karate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrolLocalLocal Portada
A-
A+

A Concellería de Deportes do Concello de Ferrol, que dirixe Susana Martínez Galdós, recollerá un premio o vindeiro domingo día 7 de xullo ás 18:30 horas na IV Gala do Karate e Disciplinas Asociadas que se celebrará no Auditorio de Vilagarcía de Arousa. O xurado do certame está representado pola Xunta de Goberno da Federación Galega de Karate e Disciplinas Asociadas.

A Concellería de Deportes recibe esta distinción como recoñecemento á súa labor na promoción do karate na categoría de Administración e Organismos Públicos.

1 de xullo de 2013 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.