A Comisión de Urbanismo de Carballo termina de revisar todas as alegacións do PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocal
A-
A+
Reunión da comisión

Reunión da comisión

A Comisión de Urbanismo vén de manter hoxe, martes 30 de xullo, unha nova xuntanza dentro do proceso de revisión das alegacións presentadas ao documento para aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Carballo (PXOM). Neste caso, os técnicos e representantes dos catro grupos políticos da corporación, PSOE, TEGA, PP e BNG, presididos polo Alcalde, Evencio Ferrero, e pola Concelleira de Planificación e Desenvolvemento Urbano, Milagros Lantes, revisaron todas as alegacións presentadas no medio rural correspondentes coas parroquias de Aldemunde, Ardaña e Artes.

Así, quedaron todas as reclamacións destas zonas resoltas, aínda que non de forma completamente definitiva, xa que pode haber algunha pequena modificación no futuro se as decisións afectasen á capacidade residencial ou a outros aspectos globais do documento. A próxima xuntanza está prevista para o martes 20 de agosto, cando se continuará co proceso por orde alfabética, aínda que hai que lembrar que non está revisada aínda ningunha reclamación da parroquia de Razo, xa que é a que presenta maior número de alegacións, con máis de 200, e tamén as de maior complexidade, polo que o máis probable é que se lle dedique unha xuntanza en exclusiva.

Hai que lembrar que o documento para aprobación inicial do PXOM recibiu un total de 1.921 alegacións presentadas por 2.451 alegantes e que afectan a un total de 2.908 parcelas do municipio, a maioría do medio rural.

30 de xullo de 2013 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.