A cidade de Bos Aires acollerá o “gran cocido galego” da Sociedad Parroquial de Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

A “Sociedad Parroquial de Vedra”  na cidade de Bos Aires, celebrará o vindeiro 14 de xullo un “gran cocido galego” para conmemorar a festividade do Santiago Apóstolo dende Arxentina.

O xantar dará comezo en torno ás 13.30 horas e contará con diversas actuacións especiais que achegarán Galicia aos emigrados galegos que residen en Arxentina. Entre os espectáculos de danza e música tradicional contarase coa actuación do “Conjunto de danzas, gaitas y cantareiras de la Sociedad Parroquial de Vedra”, aínda que o gran baile correrá a cargo da orquestra “Los Gavilanes de España”.

8 de xullo de 2013 | 10:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.