A charla informativa sobre preferentes e subordinadas chega a Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

O Concello de Gondomar acolle unha charla informativa sobre participacións preferentes e subordinadas no Centro Neural do municipio, maña venres ás 20.00 horas.

O obxectivo do relatorio é informar aos veciños de Gondomar afectados ou non polas Participacións Preferentes sobre as novidades que afectan a esta problemática: a situación actual do troco das accións e quita, a arbitraxe e a demanda xudicial, así como as alternativas e solucións.

Esta xornada informativa está organizada pola Deputación de Pontevedra e a Unión de Consumidores, no marco do convenio de colaboración asinado entre ambas as dúas entidades co obxectivo de darlle o maior apoio e asesoramento posible a todos os afectados.

4 de xullo de 2013 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.