A charla coloquio sobre seguridade dos nenos nos vehículos contou con máis de trinta nais e pais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTui
A-
A+

Máis de trinta nais e pais tudenses participaron na tarde de onte na charla-coloquio sobre as normas de seguridade que deben cumprir os menores de 12 anos de idade que viaxen en vehículos. Nesta charla realizada a petición dun colectivo de nais informouse sobre a normativa vixente que deben cumprir as “sillas” homologadas para bebés e nenos, a súa colocación no interior do vehículo, etc. Esta conferencia foi impartida por Carlos Alvarez, axente da Policia Local tudense especializado nesta temática.

Con esta conferencia comeza un ciclo de actividades que promove o Concello de Tui, a través da concellería de tráfico e seguridade, para achegar o traballo da Policía Local aos cidadáns e promover o coñecemento e respecto das normas de circulación, de seguridade cidadán, de seguridade vial dirixidas a colectivos específicos. No caso que nos ocupa ás familias, pero tamén haberá actuacións dirixidas a escolares, mozos, anciáns, etc.

3 de xullo de 2013 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.