A Catedral de Santiago acollerá o funeral oficial polas vítimas do accidente de Angrois

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

A Catedral de Santiago acolle esta tarde, ás 19:00 horas, o funeral oficial polas vítimas do accidente ferroviario de Angrois, acontecido o pasado 24 de xullo. Está previsto que acudan a esta cerimonia os Príncipes de Asturias e a Infanta Elena, en representación da Casa Real; o presidente do Goberno, Mariano Rajoy; o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e o alcalde compostelán, Ángel Currás, entre outras autoridades civís e militares. Así, tamén teñen confirmada a súa presenza varios ministros e presidentes autonómicos.

29 de xullo de 2013 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.