A carreira nocturna de Vilagarcía trasládase ao 7 de setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A X Carreira Nocturna “Concello de Vilagarcía”, prevista para mañá, se traslada ao tamén sábado 7 de setembro. A decisión enmárcase na decisión de manter sete días de loito oficial polo accidente ferroviario de Santiago. As inscricións xa feitas a través da web championschipnorte.com manterán a súa vixencia, aínda que para a nova cita se abrirá un novo período de inscrición.

Tampouco hoxe, e polos mesmos motivos, se suspende o concerto dos “Contos musicados” que ían ofrecer os alumnos da Escola de Música.

O que si se mantén é a disputa da bandeira de traíñas “Concello de Vilagarcía”, prevista para mañá. A razón de que non se suspenda é que a proba pertence á unha competición de liga e o seu aprazamento conlevaría diversos problemas organizativos e económicos. Con todo, o acto de entrega da bandeira sí se apraza, para facelo efectivo nunha cita posterior na Casa Consistorial.

26 de xullo de 2013 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.