A cantante Uxía co concerto “Rosalía pequeniña” actuará en Teo baixo o programa Falaredes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalTeo
A-
A+

Os/as máis pequenos/as de Teo terán a sorte de poder asistir a un concerto de Uxía no que se lle achegará a obra de Rosalía de Castro dun xeito lúdico e divertido a través da música. A actuación será este domingo 7 de xullo no CSC da Ramallosa ás 12:00 horas e está dirixida a un público familiar, para nenos/as de entre 6 e 11 anos.

A entrada é de balde e como vén sendo habitual dende o Departamento de Cultura do Concello, dirixido por Carme Hermida, convidan ós asistentes a colaborar co Banco de Alimentos Veciñal con algunha achega de produtos non perecedeiros (leite, conservas, aceite, pasta…)

O concerto forma parte do FalaRedes, un programa da Xunta de Galicia que chega ós concellos coma o de Teo que forman parte da Rede de Dinaminación Lingüística. Nesta cita coa música e a literatura Uxía e o músico brasileiro Sergio Tannus, que recentemente actuou nos Tilos, cantarán os versos máis coñecidos de Rosalía a ritmo de muiñeira, blues ou rock en 11 cancións. Con esta actividade tamén se conmemora o 150 aniversario da publicación da obra Cantares gallegos.

A nova edición do programa FalaRedes, que naceu no 2011, pertende crear espazos de uso, aprendizaxe e interacción en galego, ligados ao lecer, á cultura xuvenil e ás novas tecnoloxías de comunicación.

3 de xullo de 2013 | 20:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.