A Cañiza celebrará o XAMONCAB, 1º Salón Internacional do Cabalo na terra do xamón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaCalendarioLocal
A-
A+
Presentación do certame

Presentación do certame

O certame vai ser algo espectacular. Están inscritos máis de 120 exemplares, eguadas de Cantabria, Asturias, Extremadura, tamén de Valladolid e as máis importantes eguadas de Galicia, xa que este concurso morfofuncional é puntuable para o Campionato de España avalado por ANCCE (a Asociación Nacional de Criadores de Cabalos de PRE).

Neste 1º Salón, ACCEGA celebrará o sábado 3 de agosto a partir das 16:00 horas a VIII FInal Copa Accega de doma clásica 2013 con trofeo para os 3 primeiros gañadores de cada promoción.

Ademais dos concursos, celebraranse dous grandes espectáculos. Un o sábado, nocturno, ás 22:00 horas a cargo do Grupo de Especialistas Hípica Celta, que recrean torneos medievais e que son os mellores nesta especialidade de Galicia con actuacións nas feiras medievais de Baiona, Ribadavia, Oia, etc.

O domingo 4 de agosto como colofón e peche do certame, o grupo vallesoletano UNICO CENTAURO actuará a partir das 7 da tarde co espectáculo Magos da Equitación, todo un recreo para os amantes do mundo do cabalo.

PROGRAMA DO SALÓN:

Xoves 1 de agosto:

Dende as 10:00 ata as 23:00 horas recepción e control de animais.

Venres 2 de agosto:

Dende as 7:00 ata as 9:30 horas recepción e control de animais.

Ás 10:30 horas. comeza o concurso coas seccións 1ª Chorras de 1 ano, seccións 2ª Poldros de 1 ano, Seccións 3ª Chorras de 2 anos, Sección 4ª Poldros de 2 anos, sección 5ª Chorras de 3 anos e Sección 8ª Sementais de 4 anos. A partir das 19:00 horas comeza a secció 10ª sementais de 5 e 6 anos e ás 20:00 h. celebrarase a Sección 12ª para sementais de 7 ou máis anos.

Sábado 3 de agosto:

Ás 9:00 da mañá comeza de novo o concurso coa sección 6ª de Poldros de 3 anos, a continuación sección 7ª Eguas de 4 anos, sección 9º Eguas de 5 e 6 anos. Ás 12:00 comeza a sección 11ª xaguas de 7 ou máis anos.

Ás 13:00 horas comeza o morfolóxico Eguas do País e a continuación o Morfolóxico Cabalos do País.

Ás 16:00 horas celebrarase á VIII FInal Copa Accega de doma clásica 2013 con trofeo para os 3 primeiros gañadores de cada promoción.

Ás 18:30 horas Concurso de funcionalidade das seccións 8º, 10 e 12.

Como peche da xornada do sábado o Grupo de Especialistas Hípica Celta recreará un Torneo Medieval para deleite de todos os espectadores.

Domingo 4 de agosto:

Ás 10:00 da mañá terá lugar a recepción de animais para participar nunha ruta equestre con percorrido polas altas terras do monte Pedroso.

Ás 10:00 tamén comeza o concurso morfolóxico Potras PRA, seguido do morfolóxico Potros PRA, Eguas PRA e Cabalos PRA

Ás 11:00 da mañá comeza a ruta cabalar

A Las 12:00 continua o concurso coa Sección 13ª Cobras de 3 eguas

Ás 12:30 horas entregaranse os 20 premios especiais do concurso.

Despois da comida continúa o concurso co morfolóxico Chorras de razas indefinidas, Poldros de razas indefinidas, Eguas e para finalizar Cabalos de razas indefinidas.

Ás 18:00 horas entrega de premios

Ás 19:00 horas e como colofón e peche do concurso o grupo vallesoletano UNICO CENTAURO actuará a partir das 7 da tarde co espectáculo Magos da Equitación

Ás 20:30 horas sorteo dun poldro.

29 de xullo de 2013 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.