A biblioteca e o ximnasio municipal de Ribadumia cambian o seu horario durante o verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadumia
A-
A+

Durante os meses de verán algúns dos servizos do Concello de Ribadumia modifica os seus horarios, co obxectivo de adaptarse ás demandas dos seus usuarios.

Así a Biblioteca Municipal da Casa de Cultura de Ribadumia está aberta esta semana de luns a venres de 8.00 a 14.00 horas e o Ximnasio Municipal de Cabanelas  de 08:30 a 13:30 e de 20:00 a 23:00 de luns a Venres, permanecendo pechado o fin de semana.

Con este cambio, inténtase facilitar o achegamento dos usuarios aos servizos ofrecidos compatible coas actividades propias da época estival.

Desde as concellerías de Cultura e Deportes de Ribadumia recordan que para facerse socios da biblioteca ou do ximnasio municipal é preciso solicitar o respectivo carné.

A biblioteca municipal de Ribadumia conta con tres zonas diferenciadas. A primeira, a zona de  lectura para as persoas adultas. Outra das zonas inclúe dez ordenadores de consulta e, finalmente, hai unha área de lectura infantil, con títulos e mobiliario apropiado para os lectores máis pequenos. Pola súa banda o Ximnasio municipal de Cabanelas, que se atopa a carón da piscina Municipal, conta cunha sala de fitnés e cardio perfectamente equipada. En conxunto, forman unha carteira de servizos para disfrutar e aproveitalo verán cultivando corpo e mente.

2 de xullo de 2013 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.