A Biblioteca Central de Ferrol acollerá no verán encontros para a práctica de inglés, francés e linguaxe de signos
A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, informou hoxe que os “Encontros para a práctica de idiomas” que teñen lugar na Biblioteca Municipal Central, situada na praza de España, segue a realizarse durante os meses de xullo e agosto. Este programa que se oferta durante todo o ano dende o verán pasado conta cunha nova actividade dedicada a linguaxe de signos.
Trátase dunha proposta da biblioteca municipal para practicar inglés, francés e linguaxe de signos dun modo informal. Para participar no programa de práctica de linguas non se necesita inscrición previa, nin esixe ningún nivel mínimo de coñecemento. Os horarios son os seguintes:
– Inglés: luns de 12:00 a 13:00 e de 17:00 a 18:00 horas.
– Francés: xoves de 12:00 a 13:00 e de 17:00 a 18:00 horas.
– Linguaxe de signos: mércores de 12:00 a 13:00 e de 17:00 a 18:00 horas.











