A banda ferrolá de música actuará no Cantón de Molíns este sábado
A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, dirixida por Manuel-Reyes García Hurtado, informou hoxe do concerto que realizará a Banda Ferrolá de Música mañá sábado, día 20, ás 12:30 horas no Cantón de Molíns, e baixo a dirección do mestre Narciso Pillo.. Esta actuación forma parte da programación de concertos de verán.
O programa que a Banda de Música de Ferrol interpretará durante esta xornada musical é o seguinte: La Primitiva de Jef Penders, Rienzi de Richard Wagner, Oberto de G.Verdi, Leyenda del Beso (intermedio) de Soutullo/Vert, Ross Roy de J.De Haman, e Agüero de J.Franco.











