A aula Uned de Tui acolle un curso de intelixencia emocional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTui
A-
A+

A Aula Universitaria da UNED de Tui acollerá o próximo luns, 22 de xullo, o curso “Iniciación á Intelixencia Emocional Aplicada”,  organizado pola Escola Europea de Líderes e que se desenrolará presencialmente nas instalacións da aula universitaria de 10h a 13h.

O curso será impartido por Yolanda Villar García, Líder en Coaching da Escola Europea de Líderes , que  a través dunha ensinanza 100% vivencial e práctica, achegará ao alumno ao control das emocións .

Esta actividade pretende aportar aos alumnos una metodoloxía común para identificar e xestionar as emocións propias e as dos demais, co fin de que poidan aplicar os coñecementos adquiridos á práctica diaria, para obter así os mellores resultados tanto na vida persoal coma profesional.

O curso ten un custo de 25 euros para o público en xeral, e de 10 euros para os estudantes da UNED e os titores do Centro Asociado á UNED  de Pontevedra.

Todas as persoas interesadas poderán formalizar a súa matrícula a través da páxina web da UNED-Pontevedra http://www.unedpontevedra.com, chamando ao teléfono 986851850 ou dirixíndose ao edificio da Aula da UNED de Tui (R/Antero Rubín s/n, Antigo Convento de Santo Domingo).

17 de xullo de 2013 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.