publicidade hoxe

A Asociación de Empresarios de Miño organiza a campaña “Merca, Baila e Gaña”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMiño
A-
A+

12072013-4A Asociación de Empresarios de Miño organiza este fin de semana, en colaboración co Concello de Miño, unha nova actividade festiva e de ocio: “Merca, Baila e Gaña” Xullo 2013 que se celebrará no Praza do Parchís.

Hoxe venres haberá unha FESTA GASTRONÓMICA e unha verbena amenizada polo grupo musical ALBORADA. Á 1,00 h. do día 13 sortearase en directo e de forma presencial unha viaxe a canarias en pensión completa para dúas persoas.

A festa gastronómica se estenderá tambien ao sábado 13 de xullo e a reunión deste día estará amenizada polo grupo SON LATINO. A partir das 24,00 horas haberá un novo sorteo en directo e de forma presencial no que se sortearán ata nove vales de compra polo importe de 1.000 €, 200 €, 100 € e 50 €.

Desdel o día 6 de xuño ao 13 de xullo, os establecementos da asociación están a repartir boletos aos seus clientes para a participación neste sorteo.

12 de xullo de 2013 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.