A área de Persoas Maiores convoca para setembro unha viaxe a Valencia con visita a Cuenca
A Área de Persoas Maiores, da Concellería de Traballo e Benestar, vén de convocar unha viaxe a Valencia, entre o 16 e o 20 de setembro, que inclúe a visita a Gandía, a Albufeira, Sagunto e Cuenca. O prazo de inscrición estará aberto dende o 29 de xullo e ata o 19 de agosto, cun límite de cincuenta prazas. O prezo por persoa é de 227 euros e inclúe traslados, estancia en hotel e pensión completa.
Os interesados poden dirixirse á Área de Persoas Maiores, na planta baixa do Concello, no horario habitual de 9 a 14,30 horas. Para acceder a unha desas prazas é preciso estar empadroado en Vilagarcía de Arousa e ter cumpridos 65 anos ou ben ser pensionista do Sistema Públicos de Pensións. Tamén se admitirán prexubilados e outros pensionistas con 55 anos cumpridos. Se o solicitante viaxe co seu cónxuxe, non será preciso que este/a reúna eses requisitos.











