8 rapaces aprenden a comunicarse nunha segunda lingua no campamento bilingüe da Uned de Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTui
A-
A+

O campamento urbano bilingüe Español/Portugués-Inglés organizado pola UNED  está a realizar as actividades previstas na súa programación co obxectivo de facilitar a comunicación dos alumnos nunha segunda lingua e expresarse así de maneira natural.

O curso, composto por  mozos e mozas de entre 14 e 16 anos , distribúese en 150 horas nas que se ensinan, co idioma inglés como canle de comunicación e a través de actividades deportivas e culturais, valores como o traballo en equipo, a importancia das relacións sociais ou a responsabilidade individual nas tarefas comúns.

O proxecto final é a realización dun spot publicitario sobre a Eurocidade Tui-Valença, o cal presentarase ao público o derradeiro día 26 de xullo.

Así mesmo, os participantes que superen os contidos do programa recibirán a acreditación de nivel A2 de Inglés do Centro Universitario de Idiomas a Distancia.

15 de xullo de 2013 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.