publicidade hoxe

55 veciños de Frades participan no primeiro “Xoves de Praia” de 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFradesLocal
A-
A+
Veciños de Frades na xornada de praia

Veciños de Frades na xornada de praia

O Concello de Frades vén de iniciar o seu programa “Xoves de Praia”, que inclúe un total de 8 excursións á praia de Boiro. Unha iniciativa que este xoves reuniu aos primeiros 55 veciños e veciñas, que disfrutaron dunha xornada de lecer no areal de Boiro.

As viaxes terán lugar todos os xoves de xullo (18 e 24) e agosto (1, 8, 22 e 29). Os veciños empadroados poden optar por un prezo de 7 euros por día ou 25 euros polo mes completo. Os menores de 12 anos terán un prezo especial de 5 euros por día. No caso dos veciños non empadroados, a cota increméntase ata os 10 euros/día ou 30 euros/mes.

Os veciños e veciñas interesados en participar poden optar por reservar por días ou por meses, sempre que o fagan cunha anterioridade mínima de dous días antes da data da excursión. Para anotarse hai que dirixirse ao Concello de Frades ou ao teléfono 981 69 55 67.

Os autobuses recolleran a quen reservaran praza nun percorrido polas diferentes parroquias. Están establecidas paradas, a partir das dez da mañá, na Garabanxa, en Vista Alegre (Galegos), en Cardama (Moar), na estrada de Aiazo, na Coviña (Pontecarreira), en Campoduro (Céltigos), no Campo (Vitre) e nas igrexas de Papucín e de Abellá.

Como nos últimos anos, o lugar escollido para estas saídas á praia é Boiro, pois ademais de praia dispón dun amplo espazo onde os veciños poden xantar á sombra e a cercanía da vila permite tamén que, quen o desexen, poidan xantar nalgún establecemento hostaleiro do lugar ou dar unha volta pola vila no caso de que a meteoroloxía non invite ao baño.

14 de xullo de 2013 | 06:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.