50 rapaces da Laracha visitan o Aquapark de Cerceda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+
Saida cara ao Aquapark

Saida cara ao Aquapark

Cincuenta nenos de idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos de idade participaron hoxe na saída ao parque acuático de Cerceda que organiza o Concello da Laracha no marco do programa de actividades de verán.

O autobús saíu ás 11.15 horas desde a Praza do Concello e o regreso está previsto para as 19.00 horas. En todo momento os nenos estiveron atendidos por tres monitores municipais.

Esta é a primeira quenda da actividade. A segunda, que se desenvolverá o martes 6 de agosto, vai dirixida a nenos maiores de 12 anos.

En ambos casos o Concello da Laracha asume os gastos do transporte e os participantes fanse cargo unicamente do custe de entrada ao aquapark.

23 de xullo de 2013 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.