30 xóvenes con idades comprendidas entre os 16 e 23 anos participan no Campus de Tecnificación de baloncesto Joe Arlauckas en Tui

Presentación do campus
30 mozos de entre 16 e 23 anos procedentes de canteiras do Real Madrid, Estudiantes, Fuenlabrada, Murcia, Salamanca, Mallorca e Valladolid, e do propio C.B. Tui, están a participar no I Campus de Tecnificación de baloncesto Joe Arlauckas que ata este sábado se está a celebrar nos pavillóns de deportes de Tui. Os directores do campus son o ex xogador do Real Madrid e TAU Joe Arlauckas, e Carlos Losada, exdirector técnico da canteira do Real Madrid.
Este I Campus de Tecnificación de baloncesto Joe Arlauckas era presentado está mañá no salón de plenos do Concello de Tui polo alcalde de Tui Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes Nicolás Lorenzo, o presidente do Club de Baloncesto de Tui Juan Ramón Cal, o ex xogador da NBA e Director do Campus Joe Arlauckas e a ex xogadora nacional e fisioterapeuta Marta Zurro.
Nesta comparecencia Joe Arlauckas agradecía o traballo do equipo que fixo posible por en marcha este proxecto no que levan xa tempo traballando. Amais salientaba as boas características que Tui ofrece para este tipo de campus tanto polas instalacións deportivas como polas condicións meteorolóxicas da cidade.
O alcalde Moisés Rodríguez facía fincapé na importancia deste campus para a promoción deste deporte que ten un gran potencial na nosa cidade á marxe dos deportes de auga pola que é xa mundialmente coñecida. A celebración deste evento deportivo terá un bo impacto na imaxe da cidade, segundo explicaba o rexedor, xa que todos os participantes trasladarán a súa experiencia aos seus familiares e amigos alí de onde proveñen sobre esta cidade fronteiriza.
O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, salientaba a traxectoria de máis de 30 anos do C.B. Tui cun traballo espectacular que leva a cabo agora este importante campus deportivo. O presidente do C.B. Tui, Juan Ramón Cal, amosaba a Joe Arluckas o agradecemento do Club por apadriñar este campus, e avanzaba a cita o sábado ás 19h coa clausura desta actividade.
O público que desexe presenciar os adestramentos poderá facelo gratuitamente a partir das 9:30 da mañá nas diferentes instalacións deportivas da cidade. Ao longo da semana están a participar no Campus Nuria Montolio, adestradora da selección catalana sub 16 e medalla de prata coa selección española U19 no campionato do mundo, Ricardo Hernández, ex adestrador da canteira do Real Madrid, Enrique Fernández, adestrador superior especializado en tecnificación, máster en Alto Rendimento Deportivo en preparación física para deportes colectivos, Fj Martín, adestrador superior e ex xogador ACB, Rubén López, adestrador superior, Javier Mesa, ex xogador ACB e axente profesional de xogadores, Arturo Rodríguez, axente profesional de xogadores, Marta Zurro, ex xogadora nacional, fisioterapeuta epreparadora física, Jesús Sala, actual seleccionador U18 masculino e adestrador da Rioja, Armando Gómez, adestrador Leb do filial do Fuenlabrada e Salva Arco, actual xogador do Básquet Manresa.
O sábado 27, último día do campus, haberá un concurso de tiros libres as 18:15h no antigo pavillón de deportes de Tui aberto a todo o público. Os tres finalistas poderán enfrentarse aos participantes do campus coma Joe Arlauckas, Marta Zurro ou Salva Arco no descanso do partido que estes protagonizarán a partir das 19h no novo pavillón de deportes da cidade.











