2ª convocatoria do Programa de Termalismo Saudable para o ano 2013
A área de Benestar Social do Concello do Carballiño informa da segunda convocatoria do programa de termalismo saudable para este ano 2013. Os requisitos que teñen que cumprir os interesados son: ter máis de 50 anos, estar empadroados nalgún concello da provincia de Ourense, non padecer ningunha enfermidade que o impida para unha convivencia normal nos balnearios, así como, ter capacidade para as actividades da vida diaria. De todos os xeitos, cabe recordar, que as persoas que non cumpran estes requisitos poderán beneficiarse sempre e cando formulen a solicitude como acompañante de alguén que si cumpra os requisitos esixidos.
Recordarlles, que os usuarios que queiran beneficiarse desta subvención deberán presentar a súa solicitude ata o 30 de setembro de 2013 a través da plataforma informática http://termalismo.depourense.es, ben de xeito particular ou ben acudindo aos departamentos de servizos sociais dos concellos da provincia de Ourense, ou á Área de Benestar da Deputación Provincial de Ourense.
Recoméndase, que para axilizar o trámite presenten, no momento da solicitude, xa a documentación sinalada a continuación na Área de Benestar da Deputación de Ourense:
– Copia do DNI do solicitante e, se é o caso, do acompañante
– Certificado ou volante de empadroamento do solicitante principal
– Copia do DNI do representante e da autorización do representado para a formulación da solicitude.
IMPORTANTE:
Nesta 2ª convocatoria faranse valoracións e resolucións parciais para poder ir adxudicando prazas e será do seguinte xeito:
– 1ª Resolución: as solicitudes que se presenten ata o 15 de xullo de 2013.
– 2ª Resolución: as solicitudes presentadas entre o 16 de xullo e o 6 de setembro de 2013.
– 3ª Resolución: as solicitudes presentadas entre o 7 e o 30 de setembro.











