28º Maratón de Chave do Club Paiosaco na Laracha o 27 de xullo
O maratón de chave que cada ano organiza o Club de Chave Paiosaco en colaboración co Concello da Laracha chega á súa 28º edición.
Este sábado a partir das 18.00 horas comezará a competición no recinto feiral de Paiosaco.
Está prevista a participación de 18 equipos procedentes de diversos municipios de Galicia, especialmente da provincia da Coruña. En concreto, ademais do club organizador (Club de Chave Paiosaco) e do Beiramar de Caión, están inscritos os clubs de Arteixo, Teleclub, San Cristóbal, Larín, Santa Margarita, Borroa, Suevos, Fergo, A Barcala, O Hórreo, River Fran, Artesanías Padín, Avenida, Nostián, Rañobre e A Pipa.
O maratón de chave de Paiosaco é unha das competicións con maior tradición nos veráns do Concello da Laracha.











