118 vilagarciáns participarán no remonte do Ulla que se desenvolverá o 12 de xullo
Con motivo da conmemoración daTraslatio do Apóstol a través do río Ulla, o Concello de Vilagarcía pon a disposición dos veciños 118 invitacións para participar na Ruta Marítima Xacobea do Mar de Arousa e Río Ulla, que se desenvolverá este sábado, 13 de xullo. Os interesados poden recoller estas invitacións –un máximo de dúas por solicitante- mañá, venres, de 9:00 a 14:30 horas, no departamento de Turismo (Casa Consistorial, primeiro andar).
Os participantes na ruta deberán estar ás 16:30 horas do sábado no peirao de pasaxeiros. O catamarán sairá ás 16:50 para unirse na ría ao resto de barcos que, este ano partindo do Grove, completarán a ruta. Unha vez chegados a Pontecesures, onde se fará un acto conmemorativo da Traslatio, o catamarán regresará ao porto de Vilagarcía.
Tendo en conta que normalmente son moitas máis as persoas que desexan participar na ruta que as prazas ofertadas, o Concello prega a máxima colaboración veciñal, de xeito que os que soliciten as invitacións teñan a convicción de que realmente a poderán utilizar.











