XXXIV Festa do Requeixo da Corredoira no Concello de Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCotobadeLocal
A-
A+

13062013-11O alcalde Jorge Cubela  e a Comisión de Festas do Requeixo de Corredoira, presentan a XXXIV  Festa do Requeixo da Corredoira a celebrar os vindeiros días 14, 15 e 16 de xuño onde se poderá degustar o famoso requeixo da Corredoira e así mesmo procederase á inauguración do propio campo o día 14 de xuño ás 20:00, completado con churrasco , polbo e viño do país.

Colaboran con esta festa o Concello de Cotobade e a Deputación de Pontevedra subvencionando os grupos que actuarán na mesma.

Actuarán os grupos do Concello de Cotobade: Foula, Trazantes de Tenorio e a  Charanga Charandonga.

Por outra banda amenizarán as xornadas os Grupos: Passarela, Canela, Juan Mallo e Amazonas.

Desde o Concello de Cotobade, animamos a todos a degustar o producto das terras altas e a coñecer os paraxes da parroquia de Corredoira.

13 de xuño de 2013 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.