XXI Festival Coral de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerín
A-
A+

Mañá sábado, a partir das 20 horas, a Igrexa da Mercé acollerá o XXI Festival Coral de Verín.

Neste acto participarán os coros Queixumes do Hío (Cangas-Pontevedra), Coral Cantares do Miño (Velle-Ourense) e Asociación Verinense ‘Amigos da Música’, que interpretarán os temas Nosa Señora da Guía, Huellas en la Arena, La Sirena, Cangas,  Morro de amor por ti, Eres tú, María La Portuguesa, La Perla, Volver ou A Caracola, entre outros.

No festival, organizado pola Asociación Verinense ‘Amigos da Música’, colaboran Concello de Verín, Cabreiroá, Denominación de Orixe Monterrei e Deputación de Ourense. No mesmo, que naceu no ano 1997, participaron ao longo destas últimas edicións agrupacións galegas, portuguesas e casteláns.

21 de xuño de 2013 | 11:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.